viernes, 8 de enero de 2010

Luar na lubre - Chove en Santiago

(Galizia)

Como toda a música de Luar na Lubre, esta canción esta feita desde o amor por unha tradición e un pobo.

Unha autentica marabilla


Chove en Santiago
meu doce amor
camelia branca do ar
brila entebrecida ao sol.

Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e sono
cobren a valeira lúa.

Olla a choiva pola rúa
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaido
soma e cinza do teu mar.

Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol;
agoa da mañan anterga
trema no meu corazón.